O FAIADO DAS PAPOULAS recital poético-musical

O faiado das papoulas é un recital de poesía con acompañamento musical baseado no poemario homónimo. Unha proposta escénica íntima e ao mesmo tempo colectiva, pensada para converter o escenario nun espazo de memoria: un faiado.

Un espectáculo cultural apto para todas as idades dende a adolescencia e perfecto para programación municipal en auditorios, teatros e espazos singulares; para asociacións e, especialmente, para institutos, con unha proposta exclusiva que engade un obradoiro de análise e refexión de varios textos e a súa mensaxe.

Pedir información sen compromiso en: baiafernandezdelatorre@gmail.com  674 447 564

Descripción

O faiado das papoulas é un recital de poesía con acompañamento musical baseado no poemario homónimo. Unha proposta escénica íntima e ao mesmo tempo colectiva, pensada para converter o escenario nun espazo de memoria: un faiado.

No faiado gardamos o que fomos deixando atrás sen tempo nin ganas de mirar. Cousas que permanecen aí, acumuladas, mentres a vida segue. O espectáculo nace desa imaxe tan recoñecible: que pasa se un día abrimos a porta, acendemos a luz e decidimos airear? Ao mover unha caixa, outras tamén se descolocan; ao apartar o po, chegan preguntas novas. E así, a mirada cambia, comprendemos, resignificamos e reaprendemos a nosa propia historia.

 

A palabra poética é o fío condutor desta viaxe. As intervencións musicais intercálanse e superpóñense aos textos, creando unha atmosfera envolvente e de inmersión con unha duración aproximada duns 45/50 minutos.

Con esta posta en escena coidada e suxestiva, O faiado das papoulas é unha invitación ao público a entrar, airear e observar. Un espectáculo cultural apto para todas as idades dende a adolescencia e perfecto para programación municipal en auditorios, teatros e espazos singulares; para asociacións e, especialmente, para institutos, con unha proposta exclusiva que engade un obradoiro de análise e refexión de varios textos e a súa mensaxe.

 

 

Baia Fernández (autora)

desenvolve unha traxectoria artística e de acompañamento centrada na palabra, a comunicación e a emoción, combinando a escrita (poesía e contos ilustrados) co acompañamento a persoas a través de ferramentas de benestar, expresión e propostas corporais. Conta tamén con experiencia escénica na creación de atmosferas e personaxes, como a caracterización teatral.

Entre os seus recoñecementos están:

2º posto no certame aRi[t]mar 2016 co poema “Engano” e Premio María Casares a mellor caracterización en 2024 e finalista no 2023.

 

Marina Vidal (música)

é música, creadora e docente. Deseña o espazo musical do recital, unha arquitectura sonora que acompaña e contrasta coa palabra. Tras completar a súa formación nas especialidades de violín e clarinete, participou en diversos proxectos artísticos que van dende o tradicional ata o máis tecnolóxico. Na actualidade compaxina isto coa docencia musical en diferentes espazos e para diversos públicos.

Marina crea, canta, toca e compón coa naturalidade coa que as crianzas xogan e dende a máis rigorosa profesionalidade.