

O faiado das papoulas é un recital de poesía con acompañamento musical baseado no poemario homónimo. Unha proposta escénica íntima e ao mesmo tempo colectiva, pensada para converter o escenario nun espazo de memoria: un faiado.
Ábrese así un espazo de reflexión sobre realidades moi presentes na sociedade, como os micromachismos, as violencias silenciadas, os abusos e as relacións familiares, e cun/ha mesmo/a, abordadas dende a sensibilidade e a forza da palabra poética.
O espectáculo convida a mirar, entender e nomear para poder sandar e conectarse coa comprensión, a aprendizaxe e a beleza.

Un espazo de movemento consciente para reconectar co corpo, liberar tensións, favorecer o equilibrio emocional e recuperar vitalidade.
[Coñece MOV-EN]
MOV-EN nace da unión de movemento e enerxía, e tamén da idea de entrar: entrar no corpo, entrar no presente e entrar en contacto co que está a acontecer dentro de nós.
A través do movemento consciente e de diferentes propostas corporais e emocionais, creamos un espazo para sentir, expresar, liberar e activar.
Non buscamos un corpo perfecto nin un determinado rendemento físico. Buscamos máis presenza, conexión e vitalidade.
Poñer o corpo en movemento para favorecer a circulación da enerxía, a presenza corporal e a sensación de vitalidade.
Unha pausa para descargar tensións, tomar conciencia do que estamos sentindo e facilitar,se fose preciso, un cambio de estado.
Recuperar impulso, presenza e conexión cos propios recursos para afrontar o día a día desde outro lugar.
As sesións combinan movemento, conciencia corporal, respiración, expresión e dinámicas de conexión emocional, adaptándose ás necesidades e ao ritmo das persoas participantes.
Cada proposta é unha oportunidade para escoitar o corpo, experimentar e descubrir novas formas de estar nel.
Para persoas que:
MOV-EN non é só moverse.
É entrar no corpo, escoitar, liberar, transformar e volver activar a propia vitalidade.
Entrar no corpo · Mover a enerxía · Activar a vida
Hai tempo que tiña ganas de retomar esta actividade que tan ben nos facía a quen a practicabamos semanalmente.


NECESITAS UN ADESTRAMENTO EMOCIONAL (AE)?
+ Tes un cacao emocional e no sabes cómo comenzar a ordenalo?
+ Tes paixón polo mundo das emocións e queres coñecer un novo sistema para recoñcelas e colocalas que, ademais, resulta fascinante?
+ Traballas con persoas e, ás veces cústache entendelas?
+ Gustaríache mellorar as túas relacións?
+ Queres comprenderte mellor?
Se respondiches SI a unha ou máis cuestións,
QUEDA!
PODO AXUDARCHE!
Convídote a ver o seguinte video,
INTERÉSACHE!


Co gallo dos 10 anos saída deste poemario, traio unha nova edición sumamente coidada, con tipografías creadas ex profeso para esta peza por Martinho Picallo Fontes e que conta con dous poemas novos.
Ademais das ilustracións que xa formaban parte do libro, obra de Xandre Fernández De La Torre, esta versión conta con pequenos debuxos e xogos textuais realizados por Martinho Picallo Fontes.

Aínda sendo intimista, esta obra non deixa de ter un carácter reivindicativo e mesmo social, unha especie de catarse que desemboca nun lugar de calma onde se fai presente a beleza, o acubillo amoroso e a comprensión profunda.
Se queres saber máis preme o botón.





