Descripción
Esta 3ª Edición tamén é especial pois nela quixemos prescindir dos plásticos, iso levounos a elixir un papel de especialidade con partículas e tinta irisada que fai que cada exemplar sexa único.
Neste libro poderás atopar o inicio da miña viaxe cara o interior por iso ha de ser o primeiro en estrear a recén nomeada Colección LUME MANSO.
Por outra banda, conservamos os debuxos de Xandre Fernández mais engadimos debuxos pequenos e xogos textuais realizados por Martinho Picallo que, como non lle convencía ningunha tipografía existente, optou por realizar unha propia para esta obra que poderás atopar en tódolos títulos de capítulos, encabezados e mesmo na portada. Todo isto á man! Non me digas que non é único e especial!
Ademais, quixemos engadir un par de poemas a esta alfaia, “Soidá” e “Círculo e o infinito da existencia” que agardo que che gusten tanto como a min.



