Caracol, Cara de Col

22.00

CARACOL, CARA DE COL (Conto ilustrado)
Unha historia de superación e aceptación basada no cotiá e no recoñecemento do valor propio.

 

498 dispoñibles

Categoría:

Descripción

“CARACOL, CARA DE COL”

Un álbum ilustrado que mostra unha historia de superación e aceptación baseada no cotiá e no recoñecemento do valor propio.

A través dunha historia divertida e unhas ilustracións entrañables e coloridas, ponse de manifesto como o poder da aceptación e a autovaloración nos permiten establecer relacións máis sans ademais de activar todo o noso potencial.

Un libro no que están moi presentes a atención á dislexia, os estímulos visuais e tamén o achegamento ao noso idioma podendo contar con un audio libro en galego e castelán.

Axudar a favorecer a aprendizaxe é un dos meus propósitos por iso, nesta ocasión eleximos unha tipografía especialmente deseñada para favorecer a lectura a persoas con dislexia que estará presente en toda a narración. Os diálogos levarán outra tipografía porque o mundo non está feito para nós, os disléxicos, así que propóñoche que nos adestremos con este conto: esforzámonos un chisco nos diálogos e descansamos na narración, que che parece?

O noso querido maquetador, Martinho Picallo tivo a xenial idea de poñer cada diálogo coa cor do becho que fala polo que será moi fácil seguir a historia.

Se tes dificultades visuais mais queres coñecer a historia teño unha boa nova! Podes elexir o audio-libro para que non te perdas nada do que acontece nesta entrañable aventura.

Escribe: BAIA FERNÁNDEZ

Ilustra: TANIA SOLLA

Maqueta e biografías: MARTINHO PICALLO

Tamén che recomendamos…