Image

Sobre Min

Chegas aquí, seguramente, buscando de unha ou varias das miñas versións. Deixame que che conte, entón: Cando me prenguntan quen son? ou, que fago? gústame dicir que son "CREATIVA". Así é como eu me sinto. Creativa das palabras, dos xestos, das formas e os pensamentos, creativa, á fin e ao cabo, dunha vida, a miña vida. O que máis me gusta e acompañar ás persoas na procura, ben de si mesmas a través da COMPRENSIÓN EMOCIONAL, do REIKI ou de ARI abrazando a risa interior, ben de inspiración con algunha das miñas publicacións como: "UNHA VIAXE DE RUMIANTES" ou a entrañable historia de "LAIA", ou, porque non? compartindo un CONVERSADOIRO, tamén de algunha fantasía que, cos cepillos de PEITEADO e os piceis de MAQUILLAXE como fieis aliados podemos chegar a crear. O meu mundo está cheo de flores de distintas formas e cores que crean un xardín ecléctico, harmonioso e cheo de vida. Por iso, se me buscas dentro de un tempo, pode que as flores sexan outras e os aromas diferentes máis procurarei, sempre, recibirte nun XARDIN. Baia Fernandez.