
Tres encontros en liña GRATUÍTOS para descubrir que nos acontece cando imos ao corpo, que gardamos e que nos sucede cando lle prestamos un chisco de atención.
A primeira sesión: SOLTAMOS O ESTRÉS, foi toda unha descuberta pois o estrés ten moitas caras e moitos xeitos de manifestarse que, en ocasións, dificúltanos detectalo.
A segunda sesión traía unha proposta de AUTO-COIDADO, incrible comprobar canto gañamos con un pouquiño de atención e agarimo.
Por último buscamos a MOTIVACIÓN E O ENTUSIASMO, e descubrimos que o máis importante non é crealos, senón eliminar aquelas cousas que lles impiden manifestarse.
Tres sesións realmente inspiradoras por todo o que nos contastes logo da experiencia.
Por todo isto, decicimos ofrecerche a gravación destes tres tesouros para que os poidas desfrutar sempre que queiras.
Para desfrutar das sesións gravadas recoméndoche que busques un lugar tranquilo, sen interrupcións, onde teñas espazo como para mover os brazos sen chocar con nada, que utilices auriculares ou un bo aparello de son, e que teñas cerca unha manta ou similar por se ao final da experiencia esteas o máis a gusto posible.
A GOZAR!

Unha sesión mensual que che permitirá ir descubrindo capas e acomodar emocións, activar todo o teu potencial e vivir unha vida máis plena.
(só de mañá, só de tarde ou a xornada completa), ou podes facer o ciclo completo,