De cando presentei O FAIADO DAS PAPOULAS

Foto: Ana de Vilatuxe

O Pasado 17 de outubro vivín unha noite máxica!

Estreamos, por fin, O FAIADO DAS PAPOULAS, unha obra moi agardada e, pola miña parte, desexada.

Levoume moito tempo asimilar e procesar todo o acontecido. A emoción, as olladas, as apertas, as bágoas e tanto agarimo recibido quedaron en min tecendo un berce que me acubilla e me sostén. 

Nos días anteriores falaba con Marina (Marina Vidal, música) sobre a exposicón que nos supoñía enfrontarnos a este acto, polo íntimo do compartido e pola entrega á que nos abrimos. Fomos a corazón aberto arriscádonos ao que puidera pasar, sen saber como se ía recibir pero con unha palabra clave que sinto que leva un tempo resoando dentro de nós, sobre todo en min: CONFÍA. 

E así foi, confiamos unha na outra, en nós mesmas e en quen, con todo o seu agarimo veu recibirnos.

A presenza de Martinho (Martinho Picallo Fontes, deseñador) tamén fixo o seu efeccto, saber que vai estar arroupandonos e transmitóndolle ao público as curiosidades que hai tras unha maqueta exquisita que fai brillar, máis se compre, as xa marabillosas ilustracións de Paula Pereira (Cavalinho do Demo, ilustradora), xera un escenario de calma para que se acabe dando o que ao final se deu. Un espazo cheo de amor onde compartir dende o máis íntimo. 

E a gratitude fíxose tan grande que me custou ata poñerlle palabras.

A tódalas persoas que estivestes, que participastes dalgunha maneira, que me facilitástedes o necesrio, á miña equipa marabillosa e incondicional, GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!

Todo o que me está traendo O FAIADO DAS PAPOULAS é único mais non tería sido de non ser por todas esas persoas que confiaron cegamente en min e decidiron aportar para que este proxecto fose unha realidade, para tódalas miñas mecenas teño unha gratitude inmensa! 

Por agora non podo contarche moito máis pois, aínda que penses que tiven tempo para acomodar todo o vivido, aínda hai pezas que están buscando o seu lugar. Dareille tempo, non hai presa, e seguireiche contando.

Por agora déixoche esta escolma de fotografías realizadas por Martinho e Ana de Vilatuxe e un par de videos recollidos por Sesé Míguez, persoas xenerosas ás que tamén dou grazas!

E a ti, que chegaches ata aquí, moitas grazas por lerme!

Se estiveches na presentación e me queres deixar un comentario de como foi para ti, estaríache moi agradecida. 

Apertas fondas, 

Baia Fernández de la Torre

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *