DE CANDO SALTEI AO BALEIRO

“Lembro estar deitada escoitando sons procedentes do fondo mariño. Imaxino estar suspendida no espazo, flotando. As miñas pernas e os meus brazos van por libre, tamén a miña cabeza. Crean, estas partes, movementos totalmente aleatorios e sen ningunha simetría nin sincronicidade. Non son movementos voluntarios mais eu entrégome a eles con unha confianza cega. Os ollos pechados e as costas repousando nun solo cálido que me acolle, lévanme ao ventre materno. O líquido amniótico que me envolve trae sons que semellan chegar do outro lado da pel, indescifrables e suaves, recoñecibles por unha parte moi profunda do meu ser. Entrégome ao baleiro, volvo nacer.”

Sempre que escoito música de delfíns ou baleas volvo a aquela sesión Ludocorporal en Barcelona onde sentín que me recoñecía e me reconciliaba. Houbo moitas desas pois, ese proceso de tres anos de formación vivencial supuxo un dos maiores cambios e dos que máis orgullosa me sinto ata o momento. Atoparme de novo comigo. Pero non coa que cría ser, ou coa que era antes, de máis pequena, senón coa que era antes de nacer cando so era esencia pura. Non o podo explicar, so podo dicir que, dende esa a miña vida mudou. E segue mudando, foi como acender o motor da transformación e éste xira e xira sen retorno, abríndome paso.

Sei que, en ocasións o meu xeito de expresar é un tanto místico ou etéreo por iso, hoxe vou tentar contarche so algunhas cousas, e de xeito claro, sobre o que espertou en min este proceso de RECONEXIÓN a través do Sistema LUDOCORPORAL.

Síntome infinitamente máis segura de min mesma, aumentou, con creces a miña capacidade de aceptación de min e de aquelas cousas que non dependen de min, quérome moito máis!, acóllome, respéctome, escoitome e ATRÉVOME!

Deixo de xulgar, isto está en proceso e vou mellorando cada día, son moito máis amable comigo, en tódolos aspectos, tamén no físico, bailo, danzo, creo… sen importar o “que” nin o “como”, fágoo so polo pracer de facelo e isto conéctame coa nena que hai en min e tráeme moita ledicia.

Podo dicir que agora teño ao meu alcance moitas máis ferramentas para atopar solucións creativas aos retos que a vida me propón e nace en min unha necesidade imperante de seguir cultivando, explorando, xogando e, por suposto e sobre todo, compartindo todo canto chega a min para axudarme, axudarnos a avanzar e a ser cada vez máis eu, máis nós nesta evolución perpetua.

Non teño idea, no caso de que leras ata aquí, de que pode ser que che traian as miñas palabras. Encantaríame sabelo así que, se o tes a ben, podes deixarme o teu comentario, encantarame lelo. Tampouco sei se esta pequena parte da miña historia resoará contigo ou te inspirará a ir na procura da RECONEXIÓN co teu propio ser esencial. Se fora así, convídote a que compartas comigo algúnha xornada de centramento e vivencies de primeira man esta ferramenta tan sinxela e potente que é o SISTEMA LUDOCORPORAL.

Agardo verte/lerte pronto!

Grazas por estar aquí!

Baia Fernández

4 Comments

  • Celia

    Ainda non rematara o primeiro párrafo en negrita e as emocions xa se atropelaban en unha. Eran bágoas en cascada que de xeito natural non caían sen xeito, buscaban a fonte.
    No segundo párrafo xa casi non leía, xa era un mar, e os movimentos armónicos de balea que me levaban.
    Fai tempo que sinto dende o máis profundo unha chamada, unha forza tan real como máxica, que me pide ir, que me invita, que dibuxa una corriente cálida que me atrae a buscar esa reconexión… detrás das miñas resistencias e ainda con medos, sei que chegará, que irei, porque sinto que é un abrazo, unha caricia, que se acerca cunha claridade que me leva a o profundo.
    Sinto moitas veces soando ese canto de balea, e a sua danza, dentro de min.
    Gracias Baia.

    • admin

      Celia! Non me creo que te emocionaras… hahahhahah… 😉
      Grazas por compartir as túas sensacións neste espazo, grazas por lerme en tódalas miñas versións.
      Unha aperta ben grande e que goces do baile… 🙂

  • CHaro

    Baia, son Charo, De vella a bella. Encántame o que escribes e como o escribes. Se tivese tempo gustaríame probar iso do SISTEMA LUDOCORPORAL, pero, ou me parto en anaquiños, ou creo que non dou máis de min. Algunhas, bastantes, das cousas que comentas lémbranme o ioga ( que practico desde hai tres anos), a súa filosofía e os seus obxectivos. En fin que me parece moi interesante
    Todo o que sexa mellorar…
    Parabéns!

    • admin

      Charo, que ledicia lete por aquí!
      Moitas grazas por lerme e polas palabras que me adicas. Vindo de ti fanme máis ilusión aínda 🙂 😉
      Ti non te partas en anacos mais, se algún día te liberas de algunha cousiña, recibirémoste encantada nunha xornada de Reconexión.
      Unha aperta grande!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *